jueves, 11 de junio de 2020

Art Puzzles

Imos facer uns puzzles de cadros moi famosos. Para ir compoñendo as diferentes obras só tedes que darlle a "another painting" e así sairá unha nova pintura.






Agora imos facer o noso propio puzzle. Primeiro imos facer un debuxo e despois ímolo pegar nunha cartolina e logo ímolo cortar en varios cachos. E xa temos un puzzle da nosa propia obra de arte.


martes, 2 de junio de 2020

A noite estrelada de Van Gogh

Imos ver primeiro un vídeo dun pintor moi famoso que se chamaba Vincent. Despois imos pintar ou debuxar un nocturno, un debuxo onde sexa noite coa lúa, as estrelas, a escuridade...


jueves, 21 de mayo de 2020

Cube Art


Fai moitos anos moitas civilizacións empregaban pezas cadradas para facer debuxos de todo tipo chamados mosaicos, coma este que temos aquí arriba. Trátase dun mosaico romano formado por centos de teselas de diferentes cores.
Hoxe en día as imaxes que vemos nos ordenadores se as agrandáramos moito veríamos que tamén se compoñen de pequenos cadradiños chamados píxeles. 
Pois nós tamén imos compoñer os nosos propios mosaicos,  só tedes que ir coloreando os cadradiños para facer as vosas propias obras.



Agora podedes imprimir e facer o voso propio mosaico con estes patróns ou mesmo recortando papeis de cores e pegándoos nunha folla de papel.










miércoles, 13 de mayo de 2020

Street Art

Esta semana propóñovos visitar virtualmente algúns dos museos que temos na banda dereita, elexir unha obra: pintura, escultura, fotografía e facer un debuxo sobre esa obra.

Outra actividade, por se estades moi aburridas/os, facer a vosa propia obra de Street Art na páxina do Tate.


martes, 5 de mayo de 2020

ARCIMBOLDO Art Creator

Como xa vimos na proposta anterior o artista Arcimboldo facía creacións sorprendentes. Nós tamén imos facer unha empregando este xogo. Só temos que clicar e arrastrar as froitas e verduras para debuxar retratos do máis orixinais. Unha aperta a tod@s!!

Arcimboldo art creator


sábado, 2 de mayo de 2020

Arcimboldo

Giuseppe Arcimboldo foi un pintor italiano que facía uns retratos un tanto peculiares. Empregaba froitas, flores, follas... para compoñer os seus cadros.
Imos seguir na línea da actividade proposta anterior, imos elaborar unha composición con alimentos que teñamos pola casa (pasta, legumes, froitas, galletas, etc. O que se vos ocurra e imos facer unha figura.





domingo, 26 de abril de 2020

Land Art


Land Art ou Earth Art é unha corrente artística contemporánea na que se crean obras en plena natureza utilizando os materiais que atopamos nela: paus, pedras, follas, flores... 
Como xa podemos saír fóra imos intentar facer unha composición de Land Arte e plena natureza. A pasear e disfrutar!